Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A oficina agraria de Corcubión organiza unhas xornadas sobre o cultivo do kiwi e do castiñeiro

A oficina agraria de Corcubión organiza unhas xornadas sobre o cultivo do kiwi e do castiñeiro
A oficina agraria de Corcubión realizará os vindeiros días dúas xornadas técnicas; unha sobre o cultivo do kiwi e outra sobre a do castiñeiro. A metodoloxía é a mesma para as dúas, e divídese nunha xornada teórico-práctica e nunha viaxe a unha explotación punteira dentro da comunidade. A primeira cita será sobre o cultivo do kiwi. O día 27 de outubro, entre as 16 e as 21 horas, terá lugar a charla teórico-práctica e a saída relizarase o día 3 de novembro a unha explotación desta froita ubicada en Noia. A xornada teórico-práctica sobre o cultivo do castiñeiro levarase a cabo o día 30 de outubro, entre as 16 e as 21 horas. A viaxe realizarase o día 6 de novembro e visitarase unha explotación ubicada en Taboada, Lugo. As persoas interesadas en anotarse poden facelo nos números de teléfono 881 880 524 ou no 881 880 521 ou na oficina agraria de Corcubión. Fonte   

Comentarios