A Slow Food toma protagonismo nas IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte
Non paramos de disfrutar das cita gastronómicas máis importantes do país. Esta que traemos hoxe non é unha festa, pero si unha sesión fantástica para coñecer mellor un dos produtos da Arca do Gusto da Slow Food Galicia, e disfrutar dunha boa degustación.
I é que a Asociación do Porco Celta da Costa da Morte organiza para o día 5 de novembro unhas xornadas para a promoción deste produto, que incluirá unha degustación gratuíta. Son xa as IV Xornadas sobre o Porco Celta na Costa da Morte, as que acollerá á Casa da Cultura de Corcubión este vindeiro sábado 5 de novembro. Xornadas técnicas que se complementan perfectamente coa Festa do Porco Celta que se celebra no verán
Coma sempre as charlas complementaranse coa degustación, que este ano será na Capela do Pilar. De primeiras un representante da ASOPORCEL repasara as conclusións ás que se chegou no congreso mundial do xamón que se celebrou en setembro en Lugo.
De contado, Encarna Otero, representante de Slow Food Galicia, falará sobre este movemento filosófico-gastronómico mundial.
Máis información
- Facebook do Porco Celta.
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- O sur da Costa da Morte volve comerse o mar.
- Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a "xantar de vagar".
- O Porco Celta de Corcubión é un Larpeiro.
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
- Nota de prensa da Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte.