Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Universidade Popular de Corcubión renova a súa directiva

A Universidade Popular de Corcubión renova a súa directiva
directiva-universidade-popular-corcubion Casilda Caamaño é a nova presidenta da Universidade Popular de Corcubión A Universidade Popular de Corcubión vén de renovar a súa xunta directiva despois da celebración da súa asamblea de socios e socias que tivo lugar o pasado sábado. Casilda Caamaño, que xa formou parte do anterior equipo directivo, é a nova presidenta da entidade. Rafael Mouzo, un dos fundadores da asociación, ocupará agora o cargo de vicepresidente. O resto do equipo directivo componse por Loli Pedreira (tesoureira), Xabier Santos (secretario) e Alis Mouzo, María Martínez, Bea Olveira, Paulina Mouzo, Pilar Vázquez e Lupe Trillo, que actuarán como vogais e entre elas repartiranse as distintas areas de actividades coas que conta a asociación. Entre as decisións adoptadas pola nova directiva destaca a continuidade e posta en marcha para este ano das distintas aulas de baile e música tradicional. Os grupos participaron xa en varios concursos e eventos ao longo destes anos. A Universidade Popular de Corcubión fundouse no ano 1983.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios