Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión

A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
Edifico do Antigo Asilo de Corcubion O Edifico do antigo Asilo de Corcubión leva preparado para acoller o Centro de Día varios anos

Dende 2009 leva Corcubión intentando abrir o seu Centro de Día. Quedou paralizado en 2011, e a pesar do impulso esperanzador de 2014, nunca máis se soubo del. E pode que o un proxecto tan necesario como este nunha zona emvellecida como a comarca de Fisterra, fique no intento.

A Xunta vén de respostar a unha pregunta feita pola deputada Socialista Loli Toja no Parlamento que rexeita aproveitar o inmoble, preparado polo Concello de Corcubión e a Deputación, para abrir o tan demadando Centro de Día. Mentres o Concello de Malpica tramita a apertura dun centro, a Xunta argumenta que a Cosya da Morte xa conta con dous centros dependentes do Consorcio, en Muros e Cabana, sinalando que as 45 e 34 prazas dos dous centros son suficientes.

Dende o PSOE consideran “indignante” e “carente de toda lóxica” que o goberno galego queira desviar aos usuarios a Muros e Cabana de Bergantiños, a 44 e 50 quilómetros, a alomenos unha hora de distancia. Sinala que “a Consellería semella esquecer que os usuarios destes centros dos que estamos a falar son persoas maiores e dependentes”.

Lembran ademais que o inmoble preparado polo Concello supuxo un investimento de 350.000 euros, ten capacidade para 25 persoas, unha situación inmellorable, a 1,5 quilómetros do Hospital de Cee, e está “listo para a súa posta en funcionamento de inmediato”.

Novas relacionadas

Comentarios