Mércores. 17.07.2019
El tiempo

O alumnado de Corcubión reflexiona sobre medio ambiente con Sabela Romar e Greta Tunberg

O alumnado de Corcubión reflexiona sobre medio ambiente con Sabela Romar e Greta Tunberg
O alumnado de Corcubión reflexiona sobre medio ambiente con Sabela Romar e Greta Tunberg

Que mellor que aprender debatindo. Con esa idea, a Asociación Boca de Sapo Comunidade eco-social e cultural e a ANPA Alén propón unha xornada interesantísima este vernes no CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Será a xornalista Sabela Romar, veciña de San Marcos, e a cara visible da CRTVG en Bruxelas, a que dirixa esta xornada de debate sobre responsabilidade e medio ambiente.

Será ocasión para comprobar todo o que conseguiu esta adolescente en todo o mundo, facendo que millóns de [email protected] en todo o planeta paren os venres para frear os abusos ao planeta.

”Estamos moi orgullosas e orgullosos de colaborar e crear conciencia crítica, autocrítica e medioambiental ao noso alumnado”, sinala María Bella, unha das armadanzas do proxecto.

Novas relacionadas

Comentarios