Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Andainas coñecen Corcubión

As Andainas coñecen Corcubión
Corcubión é o próximo destino do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Esta será un roteiro lineal de 13 quilómetros de distancia e de dificultade moderada. Este sábado, os participantes sairán ás 10:00 horas do pavillón municipal para dende alí dirixirse aos lugares de Quenxe e Oliveira. Neste percorrido inicial, atoparanse con dous lavadoiros restaurados. Unha vez que cheguen oa Cabo C comezarán os camiños dos pescadores pasando pola boleira de Prado do monte ate chegar á capela de Redonda e seguir polas boleiras de Amarela (neste tramo encontraremos algo de auga e barro). O camiño retomarase logo de facer a parada de avituaiamento fronte ó mar e neste punto adentraranse nun tramo pequeno pero con con algo de dificultade debido a que son camiños estreitos e próximos ó mar, chegando a camiñar polas rochas e esquivar algún muro lindante de terreos. A próxima parada é no  lugar de Amarela para subir ás zonas mais altas do concello, bordeando os límites xeográficos de Este ó Norte polo Monte de San Andrés ate baixar cara ó igrexario. Unha vez alí comezarán a percorrer o casco histórico de Corcubión, pasando pola praza do concello e rematando na praza de Castelao percorrerá a zona de Prado do Monte, pasando pola Praia da Mariña, ate enlazar co Camiño de Santiago no lugar de A Amarela. Seguirán a ruta polo lugar de Estorde e Sardiñeiro para descansar no mirador de Talón. Percorremos a Praia de Langosteira e as rúas de Fisterra ata chegar o Faro de Fisterra, onde finaliza a ruta. A organización estima que a hora de chegada é ao redor das 14:00 horas e recomenda levar calzado e roupa axeitada así como comida e bebida para o avituaiamento. Os/as insterasados/as en participar poden anotarse antes doxoves, 24 de maio, ás 13:00 horas en calquera dos concellos que formen parte do programa Andainas Coñece a Costa da Morte. Máis información:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios