Venres. 19.04.2024
El tiempo

Avistada unha balea xibarte en Corcubión

Avistada unha balea xibarte en Corcubión
balea-xibarte-corcubion Alexandra Lojo capturaba no seu perfil de Instagram o momento no que avistou a balea Ainda que os expertos sinalan que nesta época de verán non é raro ver baleas nas augas próximas á costa, a súa presenza non deixa de sorprendernos. Na súa páxina de Facebook, a CEMMA - a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños - recolle que esta mañá se avistou unha balea xirabarte - Megaptera novaeangliae - na enseada de Corcubión. Así o recolliu Alexandra nun video en directo subido ao seu perfil de Instagram. "Aínda que é unha especie pouco habitual nas nosas costas, nos últimos 10 anos houbo rexistro de outros 10 exemplares en Galicia e un total de 19 en todo o norte Cantábrico, dalgún dos cales incluso se puido seguir o seu desprazamento pola costa en base aos debuxos e marcas das aletas", sinalan dende CEMMA. As baleas xibarte son un dos rorcuais máis grandes chegando a pesar uns 36.000 quilos na súa idade adulta. Este avistamento súmase ao dunha balea común que presenciaron a semana pasada uns pescadores a unhas 20 millas da costa de Laxe. E o ano pasado avistouse por primeria vez na historia unha balea azul preto da costa galega, concretamente na zona da ría de Muros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-balea-comun-visita-a-uns-pescadores-de-laxe/ “Bruno Díaz: “Un afloramento de nutrintres fixo que a balea azul se detivese en Muros dentro da súa ruta migratoria”” — Que pasa na costa “A ría de Muros, testemuña do primeiro avistamento da historia dunha Balea Azul preto da costa galega” — Que pasa na costa

Novas relacionadas

Máis novas de fauna mariña

Novas da serie De Re Naturae

Máis vídeos naturais

Outras novas de fotografía nocturna

Máis vídeos aéreos

Fonte

Comentarios