Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axenda festexeira para a fin de semana

Axenda festexeira para a fin de semana

Mes de xullo, isto xa é verán con todas as consecuencias. Son ducias as festas que se poderán disfrutar esta fin de semana.

E comezamos o repaso por hoxe venres, nos que aínda queda festas do San Pedro en marcha como as de Berdoias ou Ponte do Porto. Pero tamén hai Festas do Rosario en Serantes, e sendos concertos en Laxe e Fisterra.

Máis festas para o sábado, con especial fincapé nunha das citas do verán: Asalto ao Castelo de Vimianzo, con teatro e música de rúa, pinchos irmandiños e feira artesanal polo día, e festival de música representación teatral pola noite.
Ademais poderemos ir de festa pola parroquia muxiá de Coucieiro, ou disfrutar da conferencia de Víctor Castiñeira en Corcubión sobre a Época Medieval. As festas de Serantes e da Ponte do Porto seguirán en marcha.

Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios