Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG pide que a Sareb ceda a antiga fábrica de salgadura de Quenxe

Salazon quenxe
O BNG pide que a Sareb ceda a antiga fábrica de salgadura de Quenxe

O deputado do BNG Néstor Rego pediu no Congreso dos Deputados estatal para que se realicen as xestións pertinentes para chegar a un acordo co SAREB para a cesión gratuíta da fábrica de salgadura situada ao carón da praia de Quenxe, ao concello de Corcubión.

A idea é incluír o espazo no sistema xeral de espazos libres polo seu alto valor cultural, ambiental e paisaxístico, declarando a súa utilidade pública e o interese xeral da súa protección.

Para o BNG foi ilegal o paso á titularidade privada os terreos e propón o seu aproveitamento como zona de ocio.

Os nacionalistas ven necesario unha intervención para recuperar ese entorno degradado e a rehabilitación e posta en valor como patrimonio histórico, ao representar unha parte importante do pasado industrial e cultural desta vila, mellorando así o atractivo turístico da zona e reforzando a economía local.

Comentarios