Venres. 19.04.2024
El tiempo

Controlada a tempo unha nova vertedura de gasóleo no peirao de Corcubión

Gasoleo no peirao de Corcubion
A no peirao de Corcubion
Controlada a tempo unha nova vertedura de gasóleo no peirao de Corcubión

Xa acontecía hai 15 días diante da notaría, cando aparecía unha pequena mancha de gasóleo procedente da rede de pluviais do centro de Corcubión.

Este mediodía de venres 22 de maio o peirao de Corcubión, na zona que está diante da oficina da Abanca, volvía caer un regueiro de gasóleo pola rede de pluviais. Así informaba o grupo de Sempre Corcubión, que pedía de contado que se adopten medidas para limpar o gasóleo e que se abra unha investigación.

En todo caso, segundo nos informa Protección Civil de Corcubión, a fuga foi controlada a tempo de ser un verdadeiro problema. Tratouse dunha obra na que rompeu o tanque dun coche, que tiña o tanque cheo, pero que ao decatársense a tempo puideron parar o vertido.

De contado se puxeron da empresa e de Augas de Corcubión, cunha máquina limpadora, con dispersantes, a recuperar o derrame e conseguiron que nuns minutos só quedasen restos do gasóleo.

Comentarios