Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión abre de novo a Aula de Teatro

Corcubión abre de novo a Aula de Teatro

Logo do éxito obtido no anterior curso, tanto en nº de inscritos como na representación das dúas obras de teatro que serviron de colofón ao curso 2011/12 o Concello corcubionés dá continidade a esta escola municipal de Teatro.

As aulas serán impartidas nada menos que polo actor profesional Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e unha das almas de Talía Teatro. Haberá dous grupos, un para infantil, a partir de 6 anos, e outro para adultos.

Máis información e inscricións

Así, xa está aberto o prazo de inscrición para este curso. Poden formalizalo en:

  • Casa do Concello ( tfono: 981 745 400)
  • Casa da Cultura (Tfono: 981 746 190).

A finais deste mes haberá unha reunión cos inscritos para falar dos horarios e demais asuntos de interese.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios