Luns. 13.07.2020
El tiempo

Corcubión conciliará durante xullo e agosto

Corcubión conciliará durante xullo e agosto

A Concellería de Servizos Sociais, muller e Igualdade do Concello de Corcubión ten previsto realizar o programa Corcubión Concilia coa actividade Tempo de Lecer para os meses de xullo e agosto.

Este recurso socioeducativo que facilita a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ten como destinatarias, as familias de Corcubión con menores que cursan dende 4º de infantil ata 6º de primaria. Tense previsto celebrar de luns a venres de 9:30 a 13:30 durante os meses de xullo e agosto e terá un custo de 20€/mes por menor e 15/quincena. Un segundo irmán/irmá no mesmo programa pagará só o 50% do custo correspondente.

A preinscrición (aínda por certificar que se poida desenvolver) está aberta ata o 26 de xuño.

comentarios