Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión despediu as festas co seu tradicional Festival de nadal

Corcubión despediu as festas co seu tradicional Festival de nadal
Coral Airinos de Quenxe no Festival de Nadal de Corcubion 2017 A Coral Airiños de Quenxe no Festival de Nadal de Corcubión-Foto-Vicente Jesús Bernal Tortosa

A pasada noite tivo lugar na Casa da Cultura de Corcubión o tradicional Festival de Nadal, que puxo punto e final ao pasado ano cultural 2017 na Vila. A cita organizada polo Concello de Corcubión, Coral Airiños de Quenxe, Universidade Popular de Corcubión, Baile Xaldón e a Asociación Cultural e Deportiva Nerio, reuniu a un gran número de persoas que non quixeron perderse o evento.

As diferentes asociacións culturais de canto e baile da localidade, amenizaron a velada aos asistentes cos seus repertorios, aplaudidos con efusividad polo público asistente. Universidade Popular de Corcubion no Festival de Nadal de Corcubion 2017-Foto-J Vicente Bernal Membros da Universidade Popular de Corcubión no Festival de Nadal-Foto-Vicente Jesús Bernal Tortosa

Con este evento ademais de poñerse fin ao ano cultural 2017, o Concello agradeceu a implicación de todos as asociacións no desenvolvemento cultural da localidade e deu por comezado o actual curso cultural 2018, no cal haberá que seguir traballando na organización e desenvolvemento das diferentes actividades, sempre coa mirada posta no desenvolvemento lúdico, didáctico e cultural, tanto os seus compoñentes, como da propia Vila de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Vicente Jesús Bernal Tortosa.

Comentarios