Venres. 10.04.2020
El tiempo

Corcubión lembrou a Pepe Miñones no 79 aniversario do seu fusilamento

Corcubión lembrou a Pepe Miñones no 79 aniversario do seu fusilamento
Rafael Mouzo e Álex López na Homenaxe a Pepe Miñones en Corcubion Rafael Mouzo e Álex López na Homenaxe a Pepe Miñones en Corcubion

Hai 79 anos que o réxime levou un dos persoeiros históricos máis importantes da historia de Corcubión. Con apenas 36 anos, Pepe Miñones era fusilado no Campo da Rata da Coruña polo seu activismo.

Onte, o grupo do BNG de Corcubión quixo render unha homenaxe a este empresario e influínte político corcubionés, un dos primeiros en falar do Tren das 3C (Coruña -Carballo - Corcubión).

Realizaron unha ofrenda floral na súa memoria no centro da vila, e escoitáronse as sentidas palabras de Álex López e do histórico ex alcalde Rafael Mouzo.

Lembrou Álex a primeira vez que escoitou falar de Pepe Miñones. Era un cativo da EXB e medio da historiografía oficial colábase unha insólita asignatura, “Historia de Corcubión”. “Por primeira vez oia falar das 3'C's, da Cidade Neria ou do xornal Nerio... Aquel mestre era Rafael Mouzo”… Como conflúen os tempos.

Volveu escoitar falar del co libro de Luís Lamela “Pepe Miñones. Un Crimen de leyenda”, e precisamente a presencia do autor no lugar, apoiando o acto, fixo máis emotivas as verbas.

Estaremos atentos, porque a cita de onte pretende ser unha especie de prólogo para algo máis ambicioso no vindeiro ano, cando se cumpren 80 anos do fusilamento.

Chapa de Pepe Miñones

Fonte

comentarios