Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corcubión pon en marcha as actividades deportivas infantís e para adultos

Corcubión pon en marcha as actividades deportivas infantís e para adultos
O concello de Corcubión xa ten en marcha as actividades deportivas que ofertará os vindeiros meses e para as cales xa ten abertas as inscicións. Os máis novos poden anotarse nas escolas de iniciación deportivas (6, 7 e 8 anos) nas que realizarán distintas actividades de educación física a base de xogos e predeportes e que se realizarán os luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas. Tamén poderán participar nas escolas de fútbol base e na escola de baloncesto impartido polo C.B. Costa da Morte os mércores e os venres de 16:00 a 17:30 horas. Tamén os luns e os mércores poderán asistir á escola de patinaxe artística, dirixida polo C.P.A. Costa de Morte ou adentrarse nos deportes de mar a través da escola naútica. En canto ás actividades para adultos, o concello de Corcubión oferta para os próximos meses actividades tales como queimagraxas (martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas), pilates (luns e mércores de 21:15 a 22:15 horas), ademais do uso do ximnasio municipal con cintas de andar, elípticas, remo, bicicletas e máquinas. As prazas serán limitadas, por orden de inscrición e as actividades comenzan no mes de outubro. As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do doncello, no pavillón municipal ou no número de teléfono 981 745 400. Fonte  

Comentarios