Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corcubión ponse de Mercedes e Corme de Fin de Ano

Corcubión ponse de Mercedes e Corme de Fin de Ano

Doble cita festexeira nas vilas de Corme e Corcubión.

Mercedes en Corcubión

Sábado 24 de setembro. Chegan as Mercedes a Corcubión. E chegan completas, como festa, pero tamén con Deporte. I é que as orquestras Xa ollamos o percorrido (en IkiMap e todo, da Carreira Popular VIla de Corcubión (ata antes da carreira está aberto o prazo de inscrición). Pero hoxe vestímos de domingo para ir á festa.

Dende a mañá estará o grupo Peta Forte amenizando as rúas. Será a Banda de Música de Cee a que acompañe á Virxe das Mercedes, seguida da misa cantada pola Coral Airiños de Quenxe. A Banda retomará o protagonismo antes da sesión vermú cun concerto, e para bailar antes de comer, a orquestra Millenium.

Pero hai que comer lixeiriño, porque a partur das 17:00h comeza a IX Carreira Popular. Os inchables estará funcionando dende esa mesma hora no Campo do Rollo, e pola noite a verbena será coa Millenium e o Grupo La Calle.

Remedios en Corme

Hoxe mesmo, xa empezan as festas dos Remedios de Corme cunha gran verbena coas orquestras Ismael e Solamérica.
A Banda de Música Eduardo Ponda, que o sábado cumpre 75 anos cunha celebración na Praza do Pan, amenizará a mañá do sábado co seu pasarrúas. A sesión vermú será con Acirema, e despois do aniversario musical, chega a Gran Festa de Fin de Ano co Tren da Unha de Laxe e Acirema.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios