Martes. 19.03.2024
El tiempo

Corcubión propón un programa extraordinario de conciliación no mes de xuño

Conciliacion Corcubion xuno 2020
Corcubión propón un programa extraordinario de conciliación no mes de xuño

A conciliación é un dos meirandes problemas que ten provocado toda esta pandemia e que a excepción dos colectivos feministas ninguén trata o tema como merece.

Por Corcubión teñen en conta esta problemática e artellan un Programa extraordinario de conciliación tamén no mes de xuño. O Servizo prestarase dende o 8 ao 26 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30h, e o prazo de inscrición é ata o 3 de xuño.

Poderanse inscribir as familias empadroadas en Corcubión que cumpran os seguintes requisitos: 1o.- Familias con menores escolarizados entre 4º de infantil e 6º de primaria e que ademais traballen pai e nai, as familias monoparentais cuio pai ou nai traballe, ou familias con outras necesidades específicas, que valoren os Servizos Sociais municipais.

Novas relacionadas

Comentarios