Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Corcubión quere pedir ao SAREB a cesióndos terreos das antigas fábricas de salazón de Quenxe

Corcubión quere pedir ao SAREB a cesióndos terreos das antigas fábricas de salazón de Quenxe

Salazon quenxe
Vista aérea das fábricas de salazón de Quenxe

As ruínas das antigas fábricas de salazóns de Quenxe son un fermoso patrimonio histórico que representa unha parte importante do pasado industrial e cultural de Corcubión. Para o BNG de Corcubión poderíase converter nun atractivo turístico que poida xerar importantes beneficios para o conxunto da economía local.

De aí que vaia presentar unha moción para que o Concello solicite á SAREB a devolución dos terreos e as ruínas ao patrimonio público. “A proposta ten como obxectivo a posta en valor e recuperación desas construcións singulares para o noso patrimonio inmaterial que poidan contribuír a facer deses espazos urbanos un lugar de ocio, a mellora da calidade ambiental e un atractivo cultural e turístico”, sinala o voceiro do BNG Lois Lado.

”O exceso de confianza dos cidadáns no goberno do patrimonio público e na función dos responsables dos bens de dominio público fixeron que esas fincas pasaran a propiedade privada coa complicidade de Notarías e Rexistros da Propiedade”, lembran, dado que unha das escrituras de cambio de titularidade desta parcela fíxose nunha notaría de Mazaricos a 30 quilómetros de Corcubión. Na actualidade esos activos son propiedade da SAREB e proceden de compra-ventas de dubidosa legalidade mediante o sistema de “adquisición por ocupación”.

De aí que este grupo municipal solicitará que se debata no vindeiro pleno a proposta de incluír esta parcela; de máis de 11500 metros cadrados, no sistema xeral de espazos libres en base o seu alto valor cultural, medio-ambiental e paisaxístico, declarando a utilidade pública da mesma e o interese xeral da súa protección, e ao mesmo tempo atopar vías de entendemento para subscribir un acordo coa SAREB da cesión voluntaria da finca das ruínas das antigas fábricas de salazón de Quenxe e o terreo líndante.

Comentarios