Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión retrata o seu casco histórico no novo Concurso de Fotografía

Corcubión retrata o seu casco histórico no novo Concurso de Fotografía
Concurso de Fotografia de Corcubion 2014

Preparando xa a visita á exposición de Ramón Caamaño, a Universidade Cromática das Virtudes non ten parada. E arma un mes moi fotográfico. Esta rapazada corcubionesa xa ten en marcha o novo concurso de IX Concurso de Fotografía Corcubión.

Este ano a temática será sobre o Casco Histórico, pero tamén haberá outra temática libre para optar ao “Concurso cromático”. Cada persoa pode presentar ata 3 fotos, optando a premios que van entre os 150 e os 50€.

Ademais, todas as fotografías servirán para facer unha fermosa exposición na Capela do Pilar durante o Nadal.

O prazo está aberto ata o 10 de decembro, día incluído, hai que presentalas no Concello, e o fallo farase o 19 dese mes, ás 20:00h na Capela do Pilar.

Máis información

Novas relacionadas

  • Bases do Corcubión fai revivir a Ramón Caamaño.
  • Calcetíns na Capela.
  • Corcubión de Fotografía- Corcubión 2011: Juan Louro gaña, “de volta”, o certame de fotografía de Corcubión.
  • Corcubión de Fotografía- Corcubión 2010: Entregados os premios co concurso fotográfico xacobeo de Corcubión.
  • Fonte

    • Concello de Corcubión e UCV.

    Comentarios