Martes. 16.04.2024
El tiempo

Corcubión tamén terá o seu cemiterio mirando o mar

Corcubión tamén terá o seu cemiterio mirando o mar
Proxecto do novo cemiterio San Marcos no Alto do Vendabal de Corcubión-Imaxe-Necropolis Gallegas copia Proxecto do novo cemiterio San Marcos no Alto do Vendabal de Corcubión-Imaxe-Necropolis Gallegas

En marcha xa está o novo cemiterio privado de Corcubión. A empresa Necrópolis Gallega xa ten realizado o proxecto para alzar un novo e moderno cemiterio mirando ao mar, no “Alto do Vendaval” na parte alta do centro da vila de San Marcos. Precisamente o cemiterio levará o nome do patrón corcubionés, se ben o cemiterio dará servizo tamén a xentes de Cee e Fisterra.

A empresa asegura que comezará a construción en breve e que os interesados poderán informarse na inmobiliaria Lojo Moar de Corcubión ou no teléfono 646 390 101.

”O proxecto é un proxecto moderno, contemporáneo e tradicional ao mesmo tempo, respectando ao máximo o medio ambiente e as tradicións cun toque de modernidad e vanguardia que van cos novos tempos e as necesidades da sociedade actual”, describen dende a empresa.

Son 5.000 m2 de superficie e contará con 168 Panteones de 4 nichos repartidos en 14 módulos de doce panteones; 40 Columbarios para depósito de cinzas; e outros 40 Columbarios para depósito de cinzas no “Xardín das almas”.

Precisamente o Xardín das Almas é a novidade máis salientable do proxecto. Contará con árbores autóctonas como castiñeiros, olmos… quedando na base da árbore, entre as raíces, “os columbarios enterrados e biodegradables para poder depositar as cinzas do ser querido, co paso do tempo as cinzas fusiónanse coa terra pasando a formar parte da árbore”.

Proxecto do novo cemiterio San Marcos no Alto do Vendabal de Corcubión-Imaxe-Necropolis Gallegas copia Proxecto do novo cemiterio San Marcos no Alto do Vendabal de Corcubión-Imaxe-Necropolis Gallegas

Novas relacionadas

Comentarios