Martes. 23.04.2024
El tiempo

Adiada a concentración en Corcubión polo Centro de Día

Última hora: Boca de Sapo adía a concentración polo temporal
Berro silencioso polo Centro de Dia de Corcubion
Así foi o berro silencioso que a xente de Boca de Sapo lanzou este pasado Mercado Medieval polo Centro de Dia de Corcubión
Adiada a concentración en Corcubión polo Centro de Día

A Asociación Boca de Sapo Comunidade eco-social e cultural non esquece a loita polo Centro de Día. En verán lanzaban un berro silencioso, e medieval; o pasado mes de outubro presentaban 1000 sinaturas no rexistro municipal, e vendo a nula reposta das institucións competentes, deciden volver á rúa para poñer enriba da mesa a necesidade da creación dun Centro de Día en Corcubión.

A cita será este sábado 14, frente ao Centro de Día, ás 19:00h, e fan unha convocatoria aberta esperando que toda a vila se una a esta petición. Así fan á chamada á veciñanza:

”Vémonos abocados a termos que invocar aos espíritos e agardar a ver se estes si nos contestan. Para iso, iste sábado, faremos unha Queimada co seu Conxuro correspondente para a ocasión e volveremos, ao calor do lume purificador, pendurar á pancarta na balconada do Centro de Día de Corcubión.
Mouchos,coruxas,sapos e bruxas!”

Novas relacionadas

Comentarios