Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Corcubión volveu ao Medievo

Corcubión volveu ao Medievo
Mercado Medieval de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans Mercado Medieval de Corcubión -Foto-Rafa Quintáns

Volveu engalanarse de medievo Corcubión para o XVII Mercado Medieval Costa da Morte. Non fixo un tempo espectacular, pero si ideal para vestir eses longos e pesados disfraces que fan tan singular a festa. Pois a de Corcubión se caracteriza por ser unha feira medieval na que o pobo soe ser protagonista. Ao contrario que outras citas como a Feira das Marabillas da Coruña, en Corcubión ademais dos postos, da música, do teatro de rúa… os propios veciños da vila e de toda a volta comparten protagonismo dándolle cor á fin de semana.

Tamén é certo que nos últimos anos a festa vai perdendo ligazón co propio pobo sendo este un dos primeiros anos nos que non houbo tabernas abertas pola xente da vila. Algo que en todo caso si repercutiu nos bares da vila que estiveron cheos toda a fin de semana.

Mercado Medieval de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans 2 Bo ambiente en Corcubión-Foto-Rafa Quintáns Mercado Medieval de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans 8 A cetrería volveu ser unha das atraccións do Mercado-Foto-Rafa Quintáns

Despois de 5 anos con Fusión Medival na organización, este ano quixeron traer unha nova organización da man da empresa Fragua de Vulcano. Houbo algún que outro cambio, como a ubicación da zona de cetrería á Prazoleta (na feira herculina prohibiron a presenza de animais) xa que na Igrexa parroquial houbo nada menos que unha voda e dous enterros. Uns feitos que acompañados pola curiosa decisión de poñerse a facer as obras de parcheado da estrada na entrada de Corcubión a golpe de venres, provocou algún que outro problema.

Houbo moito un gran pasarrúas de carrozas, varias accións teatro de rúa, pasarrúas musicais (menos que nos últimos anos), unha marea de postos de artesanía e gastronomía… Pero botouse de menos o Desembarco ou o espectáculo de lume da noite sabatina. Ademais, o son do escenario da praza Castelao foi bastaste precario.

En todo caso, o evento está garantizado e hai festa para rato, tendo a organización o compromiso da colaboración do Concello e da Deputación. Toca poñerse a traballar na cita do ano que vén, xa pensando en recuperar o feito histórico no que se basea o Mercado: o Desembarco.

Mercado Medieval de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans 5 Fotos de Rafa Quintáns  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios