Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais

Musica e dragóns no Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión-Foto-Rafa Quintáns
Musica e dragóns no Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión-Foto-Rafa Quintáns
Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais

Non falla, non perde fol o Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. Aos seus 10 anos, esta feira medieval mantén o tirón, sendo a única de toda a comarca que se mantén viva ante o imperdoable paso das modas pasaxeiras. Pero o encantador casco vello corcubionés e, sobre todo, o pobo de Corcubión fan posible que esta festa siga sendo un claro foco de atracción de visitantes de toda a comarca e provincia.

Ben é certo que as esixencias das empresas organizadoras son cada vez máis imponentes, e si que se botan de menos máis postos, céntricos, da xente da vila, no canto de tanto famoso kebab medieval ou tirantes de suxetador.

En todo caso, o ambiente sempre é espectacular. As continuas actuacións de música, teatro, malabares, epsectáulos de lume… os faunos, as pandeiretas, as gaitas, o dragón… non deixan nun momento de silencio durante toda a fin de semana, paraque todos os visitantes se empapen de lío.

Espectaculos de lume no Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubion 2019-Foto-Rafa QuintansNon se cabia no Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubion 2019-Foto-Rafa Quintans

Durante varias horas da tarde do sábado e do domingo facíase complicado transitar, e botar unha ollada nos postos do centro da vila. Máis tranquila estaba a zona do Campo do Rollo, preparada con xogos tradicionais para os pequenos, ou a nova terraza do solar do cine vello, na zona da igrexa de San Marcos ou na Prazoleta, onde ademais da cetrería concentrábase boa parte da fauna local (enténdase o guiño cariñoso).

Tamén os veciños foron protagonistas durante a mañá sabatina, cunha performance silenciosa para pedir a apertura do Centro de Día Xa!.

sdr_vivid

O Desembarco

bsh_vivid

Pero sen dúbida, o gran punto diferenciador que fai que esta Feira sexa singular, é o Desembarco. E son os propios veciños os que lle dan ese toque de autenticidade. Foron case 100 os que participaron na recreación histórica do Desembarco das tropas do Arzebispo de Santiago Rodrigo de Luna a Corcubión aló por 1430.

Uns veciños formaron do bando invasor, e outros moitos formando parte do exército popular, comandando pola brava Xoana de Castro, que botou destas terras ás tropas do Arzebispo. Foi de nobo, un veciño o gran heroe, Gomez de Rioboo, capaz de vencer ao paladín compostelán para manter o poder na vila.

A típica espera chea de suspense non impediu que fose unha recreación excepcional, sen fallos de son, e cun dinamismo a proba dos que xa coñecemos a historia, e tamén dos que non.

Agora, toca esperar un ano enteiro, ata que Corcubión celebre un 20 aniversario, que seguro que servirá para celebrar unha das citas históricas, xa máis auténticas de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios