Martes. 23.04.2024
El tiempo

Desestimado o caso contra o teniente alcalde de Corcubión

Desestimado o caso contra o teniente alcalde de Corcubión
Lalo Insua teniente alcalde de Corcubion

Están estes días activos os xulgados da volta, e hoxe temos unha nova sentenza sobre un caso que implicaba ao teniente de alcalde do Concello de Corcubión, Lalo Insua. O auto do Xulgado de Primeira Instancia einstución nº2 de Corcubión dá a causa por un suposto delito de prevaricación administrativa por sobreseido.

A causa tivo a súa orixe ao denunciar os concelleiros do PP de Corcubión ante a Xustiza un acto adoptado sendo entón alcalde en función, consistente en dictar en unha resolución na que se aprobou o pagamento dunha factura relativa aos gastos de representación en defensa do alcalde nunha causa contra a presidencia do Concello. A denuncia presentada polos representantes do PP no Concello de Corcubión queda definitivamente arquivada ao non poder demostrar a parte denunciante as acusacións que agora se demostran infundadas.

”Tendo en conta que o mal infrixido e o descrédito practicado contra Manuel Insua, Lalo, non pode ser reparado”, o PSdG corcubionés esixe que “os denunciantes do Partido Popular se fagan cargo, canto menos, dos custos económicos que o Sr Insua debeu asumir para defender o seu honor e honrradez”. I é que lembra que “desde que asumiu o seu cargo de concelleiro e labores de goberno xamais percibiu ningún tipo de retribución, salvo os seis euros por asistir os plenos, co que o labor de representar á veciñanza de Corcubión non só non o beneficia económicamente senón todo o contrario”.

Por iso, insta aos voceiros da oposición que “se lle resta algo de dignidade aos denunciantes, que abusan da Xustiza para defender intereses partidistas, deberán publicamente retractarse da infundada acusación de prevaricación e recoñecer máis unha vez a súa metedura de pata”. E de igual modo demandan “públicas disculpas ao Bloque Nacionalista Galego, por solicitar un pleno extraordinario para pedir dimisións”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios