Venres. 05.03.2021
El tiempo

O ISM de Corcubión tamén chegará ao Parlamento

Concentracion diante do ISM de Corcubion
Concentración diante do ISM de Corcubión celebrada o pasado mes de outubro
O ISM de Corcubión tamén chegará ao Parlamento

Xa pasaron 7 meses dende que os profesionais do mar lanzaban a alarma sobre o deterioro do servizo de saúde marítima de Corcubión. E o único que levan recibido os 1.400 profesionais afectados (traballadores do mar de Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Carnota e Malpica) son máis alarmas sobre a posible centralización do servizo.

Un servizo, o do Instituto Social da Mariña de Corcubión, tremendamente precarizado neste último ano, onde non se substitúe a baixa do médico (si se cubrirá unha soa mañá para todo o mes de febreiro), polo que os profesionais teñen que desprazarse ata Coruña para facer o recoñecemento médico ou facer a revisión dos botiquíns, dous requisitos imprescindible para saír ao mar.

A súainestable situación do será debatida este xoves debatirase na comisión de pesca do Parlamento Galego a pregunta levada polo BNG. O grupo preguntaralle á Xunta que medidas vai tomar para “reforzar a plantilla para garantir o servizo médico marítimo que o sector require”.

O BNg preguntará por ese interese de “reestruturación” que xa avanzara a directora do ISM e que fixo saltar todas as alarmas do sector, ante a evidente intención de trasladalo á Coruña.

O portavoz do BNG en Corcubión, Lois Lado, denuncia que “unha vez máis o PSOE desmantela servizos que se prestan aos mariñeiros e ás mariñeiras, mentres que o PP dende a Xunta non realiza ningunha xestión para esixir o traspaso das competencias do ISM e por conseguinte da sanidade marítima que tan necesaria é para os traballadores e traballadoras do mar”. Lembra Lado que “a última reestruturación do Instituto Social da Mariña foi executa polo goberno socialista no ano 2009 e supuxo o peche das oficinas de Laxe e Muxía e tamén se prevía o peche da oficina de Fisterra”.

NOVAS SOBRE O ISM

comentarios