Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga

Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga
O Xuízo do Prestige estase a celebrar en Expo Coruña

Estas son as declaracións do capitán do Prestige no día no que se reanudaban as declaracións no xuizo pola catástrofe do “Prestige” despois de que onte a folga xeral impedira a celebración da segunda xornada de declaracións (poden ver a declaración minuto a minuto).

Hoxe, o avogado do estado, Javier Suárez, foi o responsable da primeira parte do interrogatorio.

Nesta o capitán do petroleiro defendiu a preguntas do letrado que representa os intereses do estado que o barco puido terse trasladado "a unha ensenada" para facer alí o trasego do fuel a outros buques "máis pequenos" despois de ter conseguido inicialmente, na tarde do día 13 a estabilización do navio. Pero o non ser así, Mangouras considera que "coas suas accións", as autoridades españolas "subestimaron" as vidas dos tripulantes do mercante.

"As autoridades españolas sabían perfectamente o que pasaba no buque", recalcou Mangouras, quen tamen manifestou que neses primeiros momentos pensaban que irían "a un porto de augas abrigadas", pero que a resposta das autoridades marítimas foi en todo momento a de que "non podía ser, que o barco tiña que irse".

"Se non nos aceptan” concluíu “eu non podo pedir nada", replicou o capitán en resposta a outra avogada do Estado, Consuelo Castro, que se encarga da defensa do exdirector xeral da Mariña Mercante José Luis López-Sors, e sobre a posibilidade de levalo mercante a ensenada de Corcubión.

Esta mesma letrada foi a protagonista do xogo dialectico da xornada o preguntar a Mangouras si lle parecía razoable, despois de 22 horas, e contando xa co amarre firme do “Ría de Vigo” que "unha vez firme ese remolque se tire do barco en dirección contraria a da costa e con independencia do lugar a onde se vaia a levar". A esta pregunta o capitán respostaba "sí".

Por outra banda, no seu interrogatorio insistiu tamen en que se descoñecen "as razóns" polas que se produciu no barco unha "fisura exterior". Sobre as posibles causas, non descartou Mangouras que esta se tivera producido por "unha onda xigante" ou pola colisión do mercante con "un obxeto”, especulando a este respecto que fora dende "un tronco", ata “un contedor”, polos restos dun naufraxio. Incluso chegou a plantexarse que poidera ter sido golpeado por "un submarino".

Preguntado polo temporal nese día, argumentou o capitán que o mercante estaba preparado para "facerlle fronte sen ningún problema polo seu tamaño", ainda que descartou fondealo nese momento, coñecendo o parte previsto, por mor precisamente do seu "tamaño". Tamen insistiu de novo na existencia de "ondas xigantes". "Había momentos en que todo estaba cuberto polo mar".

Ademais confirmou que "dende o primeiro instante" comprobou que saía fuel, pero continuou negando que dos tanques saiese carga. "A carga non saía directamente do tanque ao mar porque non tíñamos ningunha fisura" o dia 13, recalcou o capitán grego.

Respecto da evacuación da tripulación, Mangouras insistiu en que a sua "primeira preocupación" foi sempre "salvar" os tripulantes. "Tiña a impresión de que existía un risco inminente" admitiu a preguntas da avogada do Estado Consuelo Castro.

A esta avogada tamén indicou Mangouras que “non creo que ninguen quixera afogar a ninguen pero nunca nos dixeron onde querían levar o barco, dabannos rumbos erráticos, había medo e inseguridade e sabíamos que o día 15 entraba un novo temporal. Iamos nun barco en moi mal estado, por eso pedimos ser evacuados”.

Por outra banda o principal imputado na causa volviu negar que non colaborase co remolque. Diante dos intentos fallidos argumentou que sempre indicou os responsables do “Ría de Vigo” que "si non nos remolcaban, utilizaría as ancoras con fondo suficiente para suxeitar o barco antes que navegar a valga".

Sobre a documentación do mercante, Mangouras rexeitou que existira intención algunha de "esconder" o diario de navegación. "Levouno con el o terceiro oficial porque criu que todo o mundo ía abandonar o buque".

Volvendo sobre a corrosión dos tanques de lastre. O avogado do estado Javier Suarez ensinaba un documento onde o capitán confirmaba, nun informe por escrito e en ingles, que o tanque afectado pola primeira fenda no casco do mercante estaba “in good condition”, en outubro de 2002, contrariamente o estado no que afirmaba que estaba o pasado martes, cando recoñeceu ter visto “corrosión pero non ruptura”.

O letrado ensinaba tamen diversas fotografías nas que técnicos expertos indentificaron corrosión no casco do Prestige e nos tanques de lastre. Mangouras recoñeceu, a vista das imaxes, que “so o ver o detalle nas fotos e onde se aprecian certo oxido”, ainda que matizou que "esa cor bermella non se considera un problema".

O xuízo reanudarase o próximo martes. Probablemente o calendario se vexa modificado en canto a que será ese día cando finalicen as preguntas o Capitan do “Prestige” e non cando se inicie o interrogatorio o xefe de maquinas do mercante, Nikolaos Argyropoulos, como estaba previsto.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Máis novas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Fonte

Comentarios