Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mediados de xullo e a oficina de turismo abre virtualmente

Alfredo Gonzalez de Sempre Corcubion diante da Oficina de Turismo
Alfredo González, de Sempre Corcubion diante da Oficina de Turismo
Mediados de xullo e a oficina de turismo abre virtualmente

A día de hoxe, a Oficina Municipal de Turismo de Corcubión está pechada. “Non ten excusa este retraso”, lembran dende o Grupo Sempre Corcubión, ao ver que os visitantes andan preguntando pola vila respostas que deberan ser atendidas por persoal cualificado.

Ademais das axudas da Deputación para a contratación de técnicos de turismo, o grupo opositor lembra que “Corcubión foi declarado Municipio Turístico Galego pola Xunta de Galiza no año 2000, e como tal, debe ser pioneiro en ofrecer un servizo axeitado neste sector económico”.

”Dende Sempre Corcubión, non queremos criticar a actuación municipal, queremos reprochar o mal funcionamento do goberno municipal e, tomamos nota desta tardanza e deixadez que nos prexudica económicamente, así como deteriorando a nosa imaxe como vila digna de visitar”, explica Alfredo González.

Oficina no Concello

Dende o Concello queren saír na defensa da súa xestión turística, asegurando que a oficina segue aberta tanto na Casa do Concello, como virtualmente, pois a técnica atende aos usuarios por teléfono e por whastapp 24 horas os 7 días da semana.
No local tradicional do Cárcere Vello hai carteis indicando a nova ubicación e o tlf da técnica, e aseguran que están intentando adaptalo ás medidas de seguridade.

"Nos vindeiros días comezará a traballar unha segunda técnica de turismo, reflexo da importancia que concedemos a este sector", informan.

Comentarios