Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O Museo Seo de Corcubión cae a pedazos… literalmente

  •  
Viga caída do Museo Seo de Corcubión. Jano
Viga caída do Museo Seo de Corcubión. Jano
O Museo Seo de Corcubión cae a pedazos… literalmente

Ademais de ser unha gran perda para o patrimonio costeiro, a situación de extremo abandono do Museo Seo de Corcubión está convertíndose nunha seria ameaza para a seguridade.

Así o denuncian varios veciños que comprobaron como se desprendeu unha viga do beirado da galería do edificio, caída nun pleno paseo marítimo de Quenxe moi concorrido polos camiñantes da “ruta do colesteriol”.

Pechado dende 2014, pola desatención da finada Neria e a falta de interese de propietarios e administracións, só a Deputación da Coruña fixo un amago de intentar reflotar o museo, sen visos de facerse realidade, polo de agora.

  Un espazo que podería convertirse nun marco ideal para acoller un hipotético Museo Subactuático da Costa da Morte.

Novas relacionadas

comentarios