Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas melloras nos accesos ao porto deportivo muxián

Novas melloras nos accesos ao porto deportivo muxián
O presidente de Portos con Noemi Bermudez e Marcos Trigo de Cataventos O presidente de Portos con Noemi Bermudez e Marcos Trigo de Cataventos

A aposta de Portos de Galicia polo Porto Deportiva de Muxía é clara. Cada pouco, os responsables do peirao deportivo, Marcos Trillo e Noemí Bermúdez, de Cataventos, reciben pola vila da Barca ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

A última foi onte, para comprobar o estado das obras de mellora realizadas nas súas instalacións náutico recreativas. Visitou a recén instalada pasarela de baixada ao porto deportivo que facilita o acceso a estas instalacións de maneira máis cómoda e rápida. Unha actuación valorada en pouco máis de 11.000 euros. Ademais desta obra sinalizáronse por medio de tres balizas especiais os baixos emprazados no acceso ao porto deportivo, atendendo a petición da confraría e concesionario das instalacións náuticas.

Ademais, o concesionario das instalacións náuticas porá en marcha en poucos días unha estación de subministro de combustible, xa rematada, que conta cun depósito de 50.000 litros para gasolina e diésel mariño.

Posteriormente reuniuse con membros da confraría de pescadores e co alcalde de Muxía a quenes anunciou melloras para estas instalacións, tanto para o sector profesional como para o náutico recreativo. Esta estación conta cun depósito de 50.000 litros, 15.000 para gasolina e 35.000 para diésel, cun surtidor e con 4 mangueiras. Tamén disporá dun remolque para levar e distribuír o combustible ata o pantalán, en caso necesario.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios