Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Novos éxitos para o Club de Patinaxe Artístico da Costa da Morte

Novos éxitos para o Club de Patinaxe Artístico da Costa da Morte
club-patinaxe-artistico A pasada fin de semana as integrantes do Club de Patinaxe Artístico da Costa da Morte participou en dous campionatos Despois dunha intensa fin de semana, as integrantes do Club de Patinaxe Artístico da Costa da Morte, de Corcubión, regresaron ás súas casas con dous novos trofeos. O equipo participou o sábado no trofeo de Show Rosaleira, de Mos, en dúas modalidades diferentes (cuarteto e show pequeno) nas que acadaron cadanseu 3º posto. E xa o domingo, participaron no trofeo Brincadeira no que obtiveron o 5º posto na modalidade de cuartetos e un 4º posto en show pequeno (de 13 participantes). Por diante quedan ainda tres campionatos dos que as artistas agardan volver "coas mans cheas". O equipo entrena nas instalacións do concello de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios