Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Artai celebra unha interesante Semana da Prensa con 5 xornalistas da comarca

O Artai celebra unha interesante Semana da Prensa con 5 xornalistas da comarca
Semana da Prensa no Colexio Artai 2018

Dende o luns 5 e ata o venres 9 de marzo os centros educativos galegos conmemoran a Semana da Prensa na Escola. Xa van 30 anos celebrando esta semana a través da cal os alumn@s de toda Galicia poden coñecer un pouco mellor quen está detrás da pantalla da televisión, da radio, ou detrás da pantalla do móbil, contando cousas dende os medios de comunicación. Unha iniciativa que fomenta o sentido crítico de nenos e mozos.

No Colexio Artai de Carballo toman moi en serio esta semana e invitan a 5 profesionais da comunicación, entre os que se atopa Ubaldo de QPC, para lembrar a importancia que ten a información.

O luns 5 de marzo, os rapaces de 4º de ESO escoitarán as inquedanzas en clave local do barcelonés Toni Longueira, redactor de La Voz de Galicia Carballo.

O martes será o turno para o corcubionés Fran Hermida, Xefe da sección de Deportes da Cadena Ser en A Coruña, a que foi sempre a Voz do Fútbol da Costa e agora tócalle ser á do Deportivo da Coruña. Fran contará aos rapaces de 1ºESO que algunha vez foi xogador de baloncesto… e monologuista!!

O mércores 8 de marzo será o turno de Ubaldo Cerqueiro García, director do diario dixital Que pasa na costa. Os rapaces de 2º da ESO terán a oportunidade de coñecer de preto o día a día dunha redacción dixital, e os 10 anos de historia do diario, e ademais realizarán unha práctica sobre como filtrar información, para aprender a detectar a xa famosas e temidas #fakenews.

A zaseira Mabel Montes, integrante do equipo de O Tempo na TVG, explicaralles aos rapaces de 3º da ESO por que é tan seguida a información meteorolóxica na televisión.

E será unha ex alumna Sheyla Bermúdez Lista, a que peche a semana o venres 9 de marzo cos nenos de 5º e 6º de Primaria. Sheyla xa sabía que quería facer xornalismo en 6º. Agora, esta Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela xa estivo como redactora en Riazor.org no ano 2016 e nos meses de verán do ano 2017 foi redactora en La Voz de Galicia, na delegación de Carballo. Na actualidade é redactora e locutora na Radio Galega na que leva dende o mes de novembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios