Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión denuncia intereses ocultos do alcade para co cemiterio

O BNG de Corcubión denuncia intereses ocultos do alcade para co cemiterio
Cemiterio de Corcubion

Segue sendo, curiosamente, o cemiterio municipal un asunto fundamental na vida política de Corcubión. Hoxe é o BNG corcubionés o que denuncia que "hai un mes que o grupo municipal do BNG solicitou ao alcalde copia dos informes técnicos e xurídicos que serviron para que o concello comprara un terreno rústico de 6.000m² por valor de 36.000€ na costa da Amarelle. A día de hoxe non recibimos contestación, nin copia dos informes, o que nos impide poder facer un recurso administrativo contra a decisión do alcalde, pois os prazos rematan hoxe mesmo, dado que deron conta da resolución no pleno ordinario de novembro".

Para o grupo municipal do BNG, "o alcalde segue coa mesma actitude oscurantista de sempre, negando copias dos informes e evitando o control e fiscalización do noso grupo".

O portavoz municipal do BNG, Oscar Insua manifestou que “cremos que o prezo do monte rústico a 6€ o metro cadrado é excesivo, ademáis non hai cartos nin axudas para facelo e desde logo o BNG non está por facer un cemiterio privado. O alcalde debería explicar moitas cousas que ninguén sabe, cuestións que se lle preguntaron nun pleno e non quixo contestar levantando a sesión”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios