Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión prorroga os orzamentos ante as queixas da oposición

O Concello de Corcubión prorroga os orzamentos ante as queixas da oposición

Parece que a calma está dando paso á tempestade en Corcubión. A teórica relación cordial entre grupo de goberno (PSOE) e o grupo maioritario da oposición (BNG) parece que se tensa a raíz dun dos puntos máis importantes do ano, os orzamentos.

O grupo de goberno anunciaba esta pasada semana que vai prorrogar os orzamentos municipais. Unha decisión criticada polo BNG, que considera “victimista” a posición do goberno, e que, segundo denuncian, “amosa as claras a falta de vontade política e capacidade de diálogo dun grupo de goberno en clara minoría que prefire manter o pobo de Corcubión na parálise permanente antes que sentarse a negociar con quen dende o inicio ten a man tendida para negociar un pacto de lexislatura que solucione os problemas reais dos cidadáns”.

”Xa denunciamos na valoración dos orzamentos a carencia de proxecto político, perda de créditos, subvencións, falta de iniciativa coas administración para dar apoio o sector económico e turístico do pobo, proxectos paralizados, partidas escuras e de despilfarro nos orzamentos etc”, sinalan.

Pide así o BNG “sentarse a negociar para chegar a consense” e pide un “proxecto político para toda a lexislatura e non de “parches” que sigan condenando a Corcubión a ser o Concello esquecido da Costa da Morte”.

Novas relacionadas

Comentarios