Venres. 29.03.2024
El tiempo

“O Ministerio ten abandonado o Xulgado de Corcubión”

“O Ministerio ten abandonado o Xulgado de Corcubión”
Xulgados de Corcubion

”A situación é gravísima. O ministerio de Xustiza non quere nin ten intención de cubrir a praza de letrado do Xulgado Nº2 de Corcubión, unha situación que paraliza absolutamente toda a actividade do mesmo”. Así de rotundo se amosa Roberto Andrade, do sindicato SPJ-USO, falando da falta de relevo da Secretaria Xudicial dende que o pasado 6 de setembro se lle concedese o traslado á letrada que tiña a praza.

Dende entón, xa van xase dous meses co Xulgado paralizado. Falamos con Andrade para que nolo explique mellor:

 
  • QPC: Que importancia ten a figura da Secretaria Xudicial nuns Xulgados?

Un xulgado conta cun xuíz/a, un letrad@, e varios funcionari@s. No eido civil a parte máis importante é a letrada, neste caso. Se non hai letrada non se pode nin tramitar os procedementos, e así mesmo todas as demandas que se presenten no Xulgado vanse acumulando porque non se poden tramitar. Afecta a todas as resolucións, porque é, na realidade, a xefa da oficina, a que impulsa cada acción. Un xulgado a día de hoxe é imposible que funcione sen ter unha letrada.

Por iso dicimos que a día de hoxe temos un Xulgados de adorno, e denunciamos a discriminación do Partido Xudicial de Corcubión”, critica.

 
  • QPC: Canto se soe tardar en cubrir estas prazas?

Normalmente, nun prazo máximo dunha semana xa soe ter cuberta a praza por unha substituta, en canto non se cubra a praza por unha titular. E para conseguir unha praza de titular tampouco se ten que tardar tanto.

 
  • QPC: Pero é unha cuestión económica ou cal son as razóns do Ministerio?

É unha cuesión de vontade. O Ministerio recoñece que é unha situacióne excepcional, pero consideran que non é prioritaria, unha calificación que se inventa o propio ministerio, porque non hai ningunha nomenclatura que fale desta “prioridade”.
Por outras fontes recoñecen que é un tema económico, pero non é excusa porque esa praza está dotada orzamentariamente. É un aforro estrano porque xa está dotada esa praza de titular.

 

Pois non o sei, porque ademais aínda non está solucionado de todo, porque afundiu outra vez a planta de arriba por culpa da humidade, e agora tócalle ao Concello de Corcubión (é un edificio municipal) resolvelo. Levo tempo pedindo unha entrevista co alcalde, pero a día de hoxe nin sequera me chamaron para falar. Non sei se non lle interesa o asunto a pesar que ser unha cousa que nos afecta a todos os cidadáns.

 
  • QPC: Que casos máis importantes ten o Xulgado corcubionés que están estacandos por esta situación?

Todos os casos están paralizados, por canto a secretaria xudicial é a que impulsa os procedementos. E claro, hai casos coñecidos abandonados, como a famosa Operación Orquestra, (aberta dende 2011 e co xuízo oral pendente dende decembro de 2016). Por moito que se esforce a xuíza e os funcionarios, non se pode facer nada ata que se cubra a praza.

 

A verdade, é que non temos novas de que se vaia levar a cabo o proxecto de desmantelamento dos Partidos Xudiciais.

Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Manifestación por CorcubionPartidoXudicial en 2014-Foto-Juanma Ronquete  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios