Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Porco Celta abandeira un agosto completo en Corcubión

O Porco Celta abandeira un agosto completo en Corcubión
Festa Porco Celta 2012

O mes de agosto de Corcubión chega completo. E chega con unha data moi especial, como todas as gastronómicas. Pero se cadra esta un pouco máis, pois se trata dun produto da casa. I é que ademais dun agosto con artesanía, o comic e deporte, o meirande protagonista será o porco celta.

A 7ª Festa Gastronómica do Porco Celta, organizada pola Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, celebrarase este sábado 11 de agosto na vila de San Marcos. A partir das 14:00h a boa comida nos postos que quedan abertas dende o Mercado Medieval, irá acompañada de moitas actividades para ter ocupados aos nenos (inchables, xogos populares, concurso de debuxo, actuación do Mago Martín) ademais da Mostra de Baile e música popular.

Aquí vemos aos gañadores do Concurso de debuxo do ano pasado:

Máis actividades culturais

Hai máis actividades culturais no mes de agosto de Corcubión, como a tradicional Mostra de Artesanía, que ata o 31 enche de tradición o cárcere vello, sito no peirao corcubionés.

Ademais, do 07 ao 19 de agosto a casa da cultura de Corcubión acolle a exposición da obra de Brais Rodríguez "A man do diaño", un relato antibelicista en comic, gañador do VI Premio Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña.

Deporte

E esperando pola Festa da Praia, destacamos que este xoves 9 e venres 10, a partir das 19:00h o pavillón corcubionés acollerá o Torneo de Tenis de Mesa, tanto en categoría sub-16 como absoluta.

As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753, poderanse anotar os equipos ata o xoves dia 25 de agosto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios