Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O Valedor do Pobo arquiva a causa contra o alcalde de Corcubión pola pancarta da praia

O Valedor do Pobo arquiva a causa contra o alcalde de Corcubión pola pancarta da praia

Parece que o asunto da Praia Artificial de Corcubión está pechado. E así o entende tamén o Valedor do Pobo, que declara conclusa e arquiva a denuncia do BNG contra o alcalde de Corcubión trala retirada dunha pancarta por parte do goberno municipal.

O BNG acusaba ao alcalde de “abuso de poder” e “atentar contra o dereito fundamental de liberdade de expresión”. Mentres, dende o grupo de goberno consideraban "ilegal a colocación dunha pancarta nuns mastros de bandeiras, de propiedade municipal, sen autorización por parte do Concello".

Denuncian dende o Concello que "o grupo do BNG reutilizaron unha pancarta de propiedade municipal para facer sa pancarta. O Concello fixo as indagacións necesarias ao ver que na pancarta reutilizada aínda se podía ler a mensaxe orixinal e a titularidade municipal. A localización da factura da súa compra da fé disto", destacan ao tempo que consideran "inapropiado que falen de falta de honestidade".

Novas relacionadas

outras novas

Fonte

  • Nota de prensa do Alcalde do Concello de Corcubión.

Comentarios