Martes. 16.04.2024
El tiempo

O verán chega a Corcubión con moita actividade deportiva

O verán chega a Corcubión con moita actividade deportiva
O concello de Corcubión, a través da concellería de Deportes, vén de publicar o programa deportivo para este verán no que poderán participar todos os veciños e veciñas do municipio. Os luns, mércores e venres dos meses de xullo e de agosto terá lugar entre as 11:00 e as 13:00 horas un campamento de fútbol en colaboración co UD Corcubión e que está dirixido a nenos e nenas de 4 a 13 anos que ten un custe de 55 €/mes. Do 2 ao 6 de xullo oferta un campamento de deportes naúticos dixido a nenos de 8 a 16 anos e que ten un custe de 45€. O patinaxe artístico tamén terá o seu campus que se celebra do 3 o 26 de xullo en colaboración co Club de Patinaxe Artístico Costa da Morte. Nesta programación deportiva de verán tamén se realizarán camiñadas. A primeira será o sábado, 25 de xuño, na que baixo o título "Andaina Coñece Corcubión" os participante (maiores de 7 anos) descubrirán o municipio. Outras das citas do verán en Corcubión son a XV festa da Praia (28 de xullo); o día da bici (1 de setembro) e a XVII Carreira Popular Vila de Corcubión (16 de setembro). Os interesados/as en participar poden informarse nas oficinas do concello de Corcubión ou chamando ó 981 74 54 00. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios