Venres. 19.04.2024
El tiempo

Piden a eliminación dun niño de avespa velutina na área infanti de San Pedro da Redonda

Piden a eliminación dun niño de avespa velutina na área infanti de San Pedro da Redonda
Nino de avespa velutina en San Roque de Corcubion Niño de avespa velutina no alto dunha árbore de San Roque da Redonda, en Corcubión

Segue a Costa da Morte pendente dos niños da avespa velutina. Desta volta é unha veciña de Corcubión a que avisou da presencia dun niño de avespa asiática na área recreativa de San Roque Redonda, unha zona na que xogan numerosos nenos.

Xa leva varias semanas o niño medrando e medrando, e dende o Concello avisaron a unha empresa dependente de Tragsa para eliminalo. Pero a chegada desa empresa non foi frutífera, pois dada a altura do niño non puideron facer nada.

Precisamente a altura do niño é o gran problema. Pola volta, Pedro, de Protección Civil de Cee, xa ten eliminado 35 niños pola zona, e xa ten varios en lista de espera. Xa se ofreceron a eliminalo pero necesitarían que o Concello de Corcubión mobilizase un camión-grúa para poder chegar ata el.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios