Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden o arranxo do Cruceiro de Baldomar

Cruceiro de Baldomar en Corcubion
Así está o cruceiro de Baldomar en Corcubión
Piden o arranxo do Cruceiro de Baldomar

O grupo político Sempre Corcubión, esixe o goberno do PSOE, unha actuación urxente no cruceiro de Baldomar e que se abra un expediente inmediato para resolver esta situación de abandono así como a catalogación deste antigo cruceiro que se atopa na zona de Cabo da Vila, perto da Alameda e detrás do hotel El Hórreo.

Este cruceiro cunha base cadrangular xa leva moitos anos nun estado de abandono, e estes días vemos como se acaba de derrubar dúas lousas do chanzo inferior, a falta xa de outras anteriores, o que fai perigar toda a estrutura ca perda irreparable do seu valor como patrimonio artístico e histórico de Corcubión.

Esta peza, da parroquia de San Marcos de Corcubión, realizado no ano 1700, podría encaixar dentro do interés a estudar polo prestixioso historiador e doctor en historia da Arte, Xosé María Lema Suárez, ben querido entre nós, o que animamos o seu estudo e catalogación.

Comentarios