Martes. 19.03.2024
El tiempo

Propoñen a Igrexa de San Pedro da Redonda como BIC e piden acabar coas plantacións de eucalipto ao seu redor

O BNG tamén solicita a declaración da Igrexa como BIC
Eucaliptal ao caron da Igrexa de San Pedro da Redonda-Corcubion
Eucaliptal ao caron da Igrexa de San Pedro da Redonda
Propoñen a Igrexa de San Pedro da Redonda como BIC e piden acabar coas plantacións de eucalipto ao seu redor

Xa facían pública a súa indignación ao comprobar a xigantesca prantación de eucaliptos realizamos a comezos de ano ao carón da Igrexa de San Pedro da Redonda. Pero esta semana foron un paso adiante, na loita pola deseucaliptización de Corcubión.

”Boca de Sapo comunidade eco social e cultural” vén de presentar por rexistro de entrada na Casa do Concello de Corcubión unha solicitude de información da situación de legalidade da contorna de protección arredor da Igrexa. Lembran que a lei de patrimonio establece unha contorna de protección de 100m ao seu arredor. Ademais apuntan que na zona está o agochado Castro de Redonda, aínda que non se coñece a súa ubicación exacta, a lei tamén estabelece 200m contorna de protección.

Os membros do colectivo tamén solicitarán a toda a corporación municipal que presenten iniciativas para acadar a declaración BIC (Ben de Interese Cultural) da Igrexa de San Pedro de Redonda.

”Consideramos que a involucración do asociacionismo e dos nosos representantes públicos é de vital importancia para tratar de protexer e pór en valor o patrimonio de todas e todos os veciños de Corcubión”.

Novas relacionadas

Comentarios