Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Reparan os estragos causados pola choiva no xulgado de Corcubión

Reparan os estragos causados pola choiva no xulgado de Corcubión
xulgado-corcubion xulgado-corcubion Despois de que chovese, literalmente, nas instalacións do Xulgado de Corcubión, onte tocou visita institucional. O motivo foron os traballos de mellora nas instalacións que consistiron, por unha banda, na substitución do equipo de climatización e, por outra, a renovación da pintura das diferentes dependencias do edificio. O investimento global desta actuación rolda os 25.000 euros, segundo sinalou o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, durante a súa visita. Estas obras inclúense no programa de mellora e mantemento das dependencias xudiciais da provincia da Coruña posto en marcha pola vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. As dúas intervencións no edificio xudicial de Corcubión forman parte da programación de obras menores, que na provincia da Coruña supoñen un investimento de preto de 107.000 euros repartidas nunha ducia de actuacións en diferentes inmobles e oficinas. No caso de Corcubión, as intervencións xa rematadas dan resposta ás demandas dos traballadores e solucionan problemas que afectaban tanto aos funcionarios como aos usuarios das dependencias. O delegado estivo acompañado polo alcalde, Manuel Insua. Ovidio Rodeiro agradeceu aos traballadores a súa paciencia e comprensión. “As necesidades ás veces están por riba das posibilidades das Administracións, pero o compromiso da Xunta é seguir avanzando na modernización e mellora das instalacións”, sinalou. O delegado interesouse polas condicións que ofrece o edificio, no que o concello mantén varias vivendas sociais que presentan deficiencias e afectan ao conxunto do inmoble. Ovidio Rodeiro puxo a disposición do alcalde os servizos territoriais da Delegación para asesorar ao concello na procura de posibles solucións ao problema. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154720949312177/" width="850" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Comentarios