Luns. 10.08.2020
El tiempo

Rescatan unha muller que se tirou ao mar en Corcubión

Imaxes do rescate no peirao de Santa Isabel
Imaxes do rescate no peirao de Santa Isabel
Rescatan unha muller que se tirou ao mar en Corcubión

Triste suceso o acontecido esta tarde de xoves 23 de abril en Corcubión. Unha muller, natural de Cee, lanzábase ao mar no porto de Santa Isabel intentando suicidarse. Un veciño da zona, Chete Pose, viu o suceso dende arriba, e baixo avisando ao 112.

De contado, outro veciño que vive preto do lugar, o dumbriés David Río López, lanzouse ao mar para rescatala, unha vez que a muller flotaba completamente na auga debido as roupas que levaba posta. Pronto chegaron a Policía Local e Protección Civil de Cee e Protección Civil de Corcubión, para axudar a erguer a muller dende a pequena praia de Santa Isabel. Pedro Lema, de Prot. Civil de Cee, foi o outro salvador da xornada.

A muller, natural de Cee, sufría problemas familiares e despois de ser trasladada en ambulancia quedaría en mans de Servizos Sociais de Cee. Dende as entidades sociais como FEAFES lembran a necesidade de falar con claridade do suicidio para ofrecer axuda e sinalan que existe un teléfono de atención e prevención: 910 380 600.

Novas relacionadas

comentarios