Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rojo: “As rifas entre BNG e PSOE provocaron unha gran pobreza en Corcubión”

Rojo: “As rifas entre BNG e PSOE provocaron unha gran pobreza en Corcubión”
Rojo for alcalde Corcubion

Xa ten José Ramón Rojo, a lista practicamente decicida para que o Partido Autónomo por Corcubión (PACOR) se presente ás Eleccións Municipais 2015. Teresa, Viki, Arancha, Andrea, Alba, Manuel, Daniel e Alfonso acompañarán a Rojo na súa búsqueda de meterse, dunha vez, no pleno. E conta con elo ademais, pois entende que “se respira no pueblo que se necesita un bo cambio”. “Xa temos todo preparado para presentar o día 5 de abril a lista no censo electoral, unha lista con xente moi nova e con 5 mulleres para que representen a Corcubión”.

Chega con varias ideas claras, apostando pola empresa pequena e polo emprego para os seus veciños, para pelexar contras as políticas de deixadez que provocaron “unha evacuación do pobo”. I é que a emigración é un serio problema na vila de San Marcos.

”Ese alcalde que loite polos dereitos dos veciños, que busque o ben das pequenas empresas para que a xente non teñan que marchar, vou ser eu”, reafírmarse. E con el falamos:


  • QPC: Quen consideras culpable da parálise municipal evidente que se nota no Concello?

Esto é culpa de que os líderes só pelexaron entre eles, e deixando perdas e pobreza en todos estes anos. Ás veces botamos a culpa aos de arriba e o paro moitas veces é culpa municipal. Eu creo que puideron ter xerado un parado por semana.
Como o camping na estrada do faro, que polas rifas entre uns e outros, en vez de buscarlle unha solución acabaron botándoo abaixo e as consecuencias as pagamos todos.

A cacicada, xa estivo viva dende hai tempo, e agora volve no presente, e estou preparando unhas denuncias para a campaña que así o demostran.

Calquera día meten o campanario no chan e haberá quen lle di que está ben


  • QPC: Cales son as ideas principais do programa de PACOR?

Queremos darlle traballo aos mozos do concello, que non teñan que marchar. Por exemplo, propoñemos que todos os traballos de mantemento do Concello sexan con xente de Corcubión. Algo así como acer un Obradoiro indefinido para levar o mantenimiento do Concello, pois a xente está preparada para os oficios, e non hai que contratar a empresas de fóra, que o presuposto ten que quedar en Corcubión.

Aquí sempre esquecemos á empresa pequena. Chega un Centro Comercial e se lle fai ata unha rotonda. Paréceme ben, pero ás empresas pequenas, cando solicita un proxecto tamén hai que atendela.
Aquí poderíanse apoiar cooperativas agrícolas ou mariñeiras (conservas…) Por exemplo, o Hórreo, segue paralizado, e foi por culpa de que no seu día houbo un retraso nas licencias e non lle soubo atender no momento as súas necesidades. O Hórreo estaba dando 10 postos de traballo e podía dar 20 se houbese compromiso municipal.

Outra cousa que farámos de cara ao verán, sería poñer as terrazas gratuitas para todos os negocios, co compromiso de que contraten unha persoa de Corcubión. Hai que atender aos “xóvenes”.


  • QPC: E para os maiores?

Un reto importante sería crear un verdadeiro xeriátrico, con dimensións suficientes para acoller ás necesidades da xente maior que está soa. Ademais, co tempo deberíamos concertar as normas para deixar posibles terreos por se unha empresa quere montar un xeriátrico como o de Vimianzo.

Porque mentres esperamos polo PXOM, as normas urbanísticas están paralizadas, son moi vellas, e deberían estar renovadas dende hai anos. Se non hai normas actualizadas o pobo queda paralizado, e seguimos sen terreo industrial.


  • QPC: Como ve o Centro de Corcubión?

En Corcubión houbo aberracións á vista de todo o mundo, non se pode facer que haia unha familia arruinada durante 10 anos e a outros se lles permita facer unha pantasma. O casco histórico leva anos con casas paralizadas e patrimonio sen recuperar. Noutros lados houbo acordos co alcalde para sacalas adiante.
E que Patrimonio que non sexa tan fino, que o outro día estiven na Catedral e ten portas de cristal eléctricas, e aquí por unha pedra teñen unha casa paralizada toda a vida.

Ademais, hai que buscarlle unha solución ao solar do cine, non podemos ter un furado cunha silveira no medio do “pueblo” toda a vida.

  • QPC: Que che parece a peatonalización parcial de Corcubión?

Esto é un verdadeiro ridículo. Se aparecese a Virxe de Fátima e viñesen centos de persoas cada día, pareceríame ben, pero agora, que non hai aglomeración de coches nin nada. é unha tontería. O que fai falta é unha zona de aparcadoiro subterráneo diante do concello, porque se non a xente chega, ve que non hai onde aparcar e marcha para Cee.


Con iso mentiron só para recoller votos no seu día. Puido ser unha realidade se eu estivera mandando, porque hoxe hai concesións ás empresas, sen gasto municipal, para que o leven adiante, pero aquí non hai vontade de facer nada, só de mentir.


Novas relacionadas

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios