Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM

ISM de Corcubion
Imaxe do ISM de Corcubión
O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM

O Tribunal de Contas vén de emitir un informe de fiscalización operativa sobre o Instituto Social da Mariñá. Un informe referido a 2018, pero que vén moi a conto debido á problemática que se leva arrastrando no ISM de Corcubión dende hai case un ano.

O Centro non conta co número suficiente de profesionais para atender aos case 1.500 traballadores do mar da nosa comarca, que teñen que acodir a Coruña para realizar os trámites, obrigatorios, para saíren ao mar.
Ademais, a sombra da completa privatización do servizo fai saltar todas as alarmas no sector.

Precisamente dende o sector non entende como o Ministerio non conta coa colaboración das Confrarías, que sempre ofrecen de forma gratuíta aula e material. Seguro que coa súa axuda poderían obter un mellor uso dos recursos públicos, pois como reflexa o informe atopa grandes deficiencias no seu funcionamento:

  • Só foron atendidas o 18,22% das solicitudes de alumnos para acceder a cursos de formación profesional marítimo e sanitaria (se ben a inserción destes cursos é dun “aceptable” 23%); seguindo unha evolución negativa con respecto aos anos anteriores. A privatización dos cursos a través da empresa Tragsatec, operativa de 2015 a 2018, é a responsable desta perda de eficiencia.
  • Precisamente o informe sinala que a propia Tragsatec subcontratou un 38,59% do total facturado (sen ofrecer esas facturas ao ISM). Deste xeito Tragsatec gasto un 13% máis do estipulado cobrando máis ao alumnado.
  • As Aplicacións informáticas utilizadas presentaban deficiencias que ocasionaron defectos e ineficacias na xestión dos cursos. Unhas deficiencias que non foron sucsanadas por Tragsatec a pesar de ser avisada.
  • A presencia das mulleres nos cursos en 2018 é do 12%, por debaixo do ratio de mulleres afiliadas ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, que foi do 16,30%, e ao de solicitudes deste colectivo (14,60%).

O propio TCU propón, ademais de mellorar as aplicacións, crear dunha bolsa de traballadores con contrato fixo-discontinuo, para a impartición dos cursos.

”Demóstrase unha vez máis que a privatización e externalización en empresas que descoñecen o sector só provoca gasto descontrolado e mal servizo”, conclúen dende unha confraría costeira, cansos de ver como se reducen os servizos ao sector, e temendo o posible peche do centro corcubionés ou a privatización do recoñecemento médico.

NOVAS SOBRE O ISM

Comentarios