Sábado. 23.02.2019
El tiempo

Un Nadal de Festivais e moito deporte en Corcubión

Un Nadal de Festivais e moito deporte en Corcubión

O Festival de Nadal do 6 de xaneiro, no que participan tódalas asociacións do concello que teñen algo que ver coa música e o baile, será o gran centro neurálxico deste nadal en Corcubión. Unha cita na que seguro queda pequeno o gran auditorio da Casa da Cultura Plácido Castro.

Pero antes, a vila de San Marcos terá numerosas actividades, como os Festivais de Aspadex (o xoves 20 ás 11:00h); o Festival do CEIP Praia de Quenxe (venres 21 ás 9:15); o Festival da ACD Nerio (domingo 30): a visita de Christian Magic (domingo 23 ás 18:00); ou c clásica cabalgata de reus, que sairá da casa da Cultura o sábado 5 de xaneiro ás 17:00h e rematará ás portas da igrexa de San Marcos ás 19:00h.

Ademais, o venres 21 tamén terá lugar a proxección do filme costeiro Sicixia, ás 19:00h.

Pero o outro punto forte do programa son as actividades deportivas, como as citas co fútbol sala, co frontenis ou a festa das Escolas de Fútbol Base de Corcubión.

Nadal Corcubion 2018 Programa
Comentarios