Martes. 15.10.2019
El tiempo

Un San Pedro único en Corcubión

Un San Pedro único en Corcubión
Este ano, mozos e maiores cantarán xuntos a Xota de Corcubión na Romería de San Pedro da Redonda. I é que a vila corcubionesa é un claro exemplo da problemática cas Festas en todo o país: facer a festa o día do santo, ou na fin de semana? Moitas son as vilas que, ante estas datas de emigración, deciden traspasar a verbena para a fin de semana, pero en Corcubión non ocorre así. Deste xeito, nos últimos anos, os maiores celebran o día da festa no campo de San Roque, mentres que os máis novos, volven a fin de semana para celebrar o seu xa tradicional SPS, o San Pedro Sábado. Este ano, o 2012 é caprichoso e o 29 de xuño, Día de San Pedro, coincide en venres. Así que venres e sábado, todo Corcubión subirá ao Campo de San Roque, a celebrar esta auténtica romería, chea de música (da man das orquestras pero tamén dos propios veciños), de comilonas e de bo humor. O venres estarán as Ceniza e a local Nova Palma, e pecharán o trío de pinchas de moda, Fisterra´s Mafia. Para o sábado, Petaforte dará a nota musical polo dúa, e pola noite a Chicago e o o Grupo Plato. Cun ollo no Mercado Medieval, deixámosvos coa Xota de Corcubión.

Xota de Corcubión

Por xuño, o vintenove, a San Pedro fun xantar, preparei unha empanada e sardiñas para asar, café ben “repenicado”, ¡Non parei de troulear! Estribillo: Si queres curar feridas que levas no corazón, vente a bailar esta xota, a xota de Corcubión. Menea ben a cadeira, e ponlle moita paixón, para ben bailar a xota, A xota de Corcubión. Din que un ollomol había mesmo no medio da ría, se te chiscaba un ollo d’amores te curaría. A min facíame falta Que mo chiscara algún día. Estribillo Revira que te revira e vólvete a revirar, os encaixes do refaixo quérote volver a ollar. Se me mostras as enaguas de ti voume namorar. Estribillo Busquei polo Río Seco busquei e non trouxen nada, as herbas de namorar pra darllas a miña amada, busquei polo Río Seco encontreinas na Granada. Estribillo
  • Letra de Alejandro Lamas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios