Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un Serán Musical en Corcubión ao son dun único aturuxo

Un Serán Musical en Corcubión ao son dun único aturuxo
Seran San Roque en Corcubion-Foto- Juan Manuel becerra e Alex Corcu

Impresionante o éxito do I Serán San Roque. Unha iniciativa da xente musiqueira de Corcubión que consegui unificar nun só aturuxo. I é que nada menos que 15 grupos de música chegados de toda Galicia, e máis de 100 comensais encheron a carpa no campo de San Roque, onde cada ano se celebra o mítico San Pedro de Corcubión.

100 comensais que ademais eran protagonistas pois a música estaba en todas partes. I é que música en Corcubión ten unha condición especial, e alá onde deas unha patada a unha pedra, sae un músico. Ben o explica Jan Lamas, un dos asistentes: "foi realmente marabilloso ver a tanta xente, de tan diversas idades, unidas polo seu amor á nosa música, ó noso baile"... I é que diso se trataba, de que a música e a troula combinasen á perfección. A perfecta foliada, vaia.

As Pedras Miudas de Lires un dos 15 grupos do Seran San Roque- Foto- Merche Caamano Moita festa no Serán San Roque-Foto- Iago Coronilla

Cómpre destacar a labor da familia Lourido na organización, unha desas familias onde a música está impregnada no ADN. Aí estivo Rocío trala organización ("de 10" segundo nos confirmaron varios asistentes), pois contou cunha sesión de xantar con pulpeira e todo, e unha festa con todas as letras.

A propia organizadora agradece a todos os grupos, bailaríns, asistentes festexeiros, así como a deseñadora Marga Castro, ao Concello de Corcubión pola carpa, ao Concello de Dumbría polo equipo de son, a José Toja pola iluminación e Ángeles Toja polo traballo tras da barra!.

Uns sons que segurp que tería recollido un tal Alan Lomax se lle coincidise no tempo.

En fin, ata o vindeiro serán, que agora xa será de obrigatoria celebración.

Orixinais os deseños de Marga Castro para os vasos do Serán San Roque

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios