Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A experiencia Erasmus achégase a Santa Comba

A experiencia Erasmus achégase a Santa Comba
Erasmus en SAnta Comba

En primeira persoa corroboramos o bonito que é pasar un curso de Erasmus. O programa que máis “fai Europa” cumpre 30 anos e para celebralo a Unidade Móbil percorre o país. Desta volta a caravana pasará por Santa Comba este venres 21 de xullo, para achegar o programa e as súas distintas accións aos mozos e mozas en xeral, técnicos de xuventude, representantes e membros de asociacións xuvenís e calquera persoa interesada no programa.

Contarán con talleres de difusión e asesoramento sobre o programa e unha unidade móbil informativa a pé de rúa. En canto ao horario das actividades, estas desenvolveranse en horario de 11:00 a 14: 00 horas, agás na vila xalleira de Santa Comba que será de 17:00 a 20:00 horas.

Datos

O programa fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan. Erasmus+ é un dos proxectos de maior éxito da Unión europea. Durante tres décadas ven ofrecendo, en particular aos mozos e mozas, oportunidades de adquirir experiencias e de ampliar os seus horizontes viaxando ao estranxeiro. O que comenzou no ano 1987 como un modesto programa de mobilidade para estudantes de educación superior creceu e enriqueceu as vidas de máis de 9 millóns de participantes directos. O programa foi ampliándose e ofrece oportunidades de períodos de estudo e de prácticas/aprendizaxe, intercambios de mozos/as, voluntariado e intercambio de persoal docente e non docente en todos os ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte. Erasmus+ está tamén máis aberto ás persoas procedentes de contornos desfavorecidos. O ámbito xeográfico do programa viuse ampliado de 11 países no ano 1987 a 33 na actualidade (os 28 estados membros da Unión Europea, máis Turquía, a antiga República Iugoslavia de Macedonia, Noruega, Islandia e Liechtenstein.

Campus de Balonmán

Igualmente, o Balonmán Xallas organiza un Campus de Verán entre o 31 de xullo e o 13 de agosto para nenos de entre 6 e 12 anos.

Fonte

Comentarios