Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Mesa denuncia a Industria por denegarlle unha subvención ao concello de Santa Comba por presentar documentación en galego

A Mesa denuncia a Industria por denegarlle unha subvención ao concello de Santa Comba por presentar documentación en galego
O Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía - IDAE -, dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, vén de negar unha axuda aos Concellos de Teo, Santiago de Compostela e Santa Comba para un proxecto de alumeado público. Segundo indican dende A Mesa Pola Normalización Lingüística, o argumento para a negativa da subvención pública foi un dos múltiples documentos da solicitude estar escrito en lingua galega. Tratábase do informe do departamento municipal de Intervención no que se confirmaba que estes concellos reunían as condicións financeiras necesarias para participar na convocatoria do IDAE. "O odio ao galego e á diversidade lingüística dos responsábeis do organismo público foi tal que nin sequera permitiron a posibilidade de enviar tradución" sinalan dende a organización. Por este motivo, o presidente da Mesa sinala que “o director xeral do IDAE, Arturo Fernández Rodríguez, e o seu presidente, Alberto Nadal Belda deben demitir porque non se pode admitir que fanáticos que priorizan o seu odio ao interese común da cidadanía manexen nin un só céntimo de diñeiro público". Ademais reclaman que interveña no asunto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co fin de "repor a dignidade colectiva das galegas e galegos". Racismo lingüístico Pola súa parte, A Mesa denunciará o acontecido perante o Consello de Europa, xa que, segundo indicou Marcos Maceira "a actitude do Ministerio de Industria, ademais dunha mostra de racismo lingüístico, vulnera o contemplado na Carta Europea das Linguas, que no seu artigo 10 sinala o compromiso de: a) garantir que as autoridades administrativas empreguen as linguas rexionais ou minorizadas e c) permitir ás autoridades administrativas redactar documentos nunha lingua rexional ou minorizada”. Maceira sinalou que este non é un caso illado e lembrou como recentemente a Mesa gañou un recurso contra a Axencia Tributaria que multou á entidade en defensa dalingua por pedir as notificacións en galego. Indicou tamén que, segundo sinalou A Mesano informe da Liña do Galego de 2015, o 27% das queixas presentadas por vulneracióndos dereitos lingüísticos estaban relacionadas coa Administración Xeral do Estado.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios