Venres. 29.03.2024
El tiempo

A nova brigada de Santa Comba

A nova brigada de Santa Comba
Nova brigada anti incendios de Santa Comba A alcaldesa coa Nova brigada antiincendios de Santa Comba

O Concello de Santa Comba xa conta desde fai uns días con unha brigada de defensa contra incendios forestais. A raíz dun convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Santa Comba a brigada estará operativa durante tres meses.

A mesma esta composta por cinco membros (xefe de brigada, peón conductor e tres peóns forestais) que desenvolverán labores de vixiancia e defensa contra os incendios asi coma a realización de traballos de prevención de forma manual, integrándose no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal V.

Logo de recibir un curso de formación teórico-práctico recibiron a visita da Alcaldesa María Pose onde comprobou o estado da súa base e o equipamento co que contan. Proximamente o Concello conta con realizar o proceso de selección de outra nova brigada.

Novas relacionadas

Comentarios